Empresa

Un equipo especializado baixo unha filosofía de traballo baseada no respeto da natureza

Recurso 3servicios
Respecto polos procesos naturais

Entender como funciona á natureza para traballar da súa man

Recurso 4servicios
Equipo multidisciplinar

A agricultura, o medio ambiente e o paisaxismo traballan xuntos para obter os mellores resultados

Recurso 7mixer
Proxectos á medida

Adaptándose ó entorno e as necesidades únicas de cada deseño

Recurso 6recicle
Xestión integral

Dende a creación ata o mantementeo

Simbiose nace para dar resposta á necesiadde de crear espazos diversos, onde a recuperación do entorno natural, a producción de alimentos e o lecer se enrelacen e colaboren.
A natureza danos todas as ferramentas, nos adaptámolas o teu proxecto
Equipo humano

Alejandra González Fernández.

Enxeñeira técnica agrícola con formación en técnicas de agricultura ecolóxica, microbioloxía, cromatografía de solos, deseño e diagnóstico agroecolóxico e liña clave. A súa experiencia desemboca no deseño de paisaxes que producen vida mentres rexeneran o territorio. A labor técnica compleméntase cunha sólida faceta como docente e organizadora de formacións e educación ambiental, impulsando a transformación cara a un futuro máis resiliente.

Javier Gacías Pedrós

Especialista en Agroecoloxía e Rexeneración de Ecosistemas

Graduado en Ciencias Ambientais con máis de 12 anos de experiencia sobre o terreo, transformando a teoría en sistemas produtivos sostibles. A súa traxectoria céntrase na intersección entre a produtividade agrícola e a conservación da biodiversidade.

Con formación como Mestre Composteiro e  Deseño Keyline, aporta unha visión rexenerativa da saúde do solo mediante o uso de microorganismos e unha xestión eficiente da paisaxe. Conta con experiencia en formación, impartindo cursos prácticos que capacitan a novos produtores no camiño cara á soberanía alimentaria e a agroforestaría.

Joseba Uribarri Solán

Enxeñeiro técnico agrícola e Máster en Tecnoloxía Ambiental, especializado en agricultura orgánica e paisaxismo sostible. A súa traxectoria en cooperativas agrícolas e viveiros de planta ornamental permítelle integrar o coñecemento técnico cun enfoque de producción e paisaxismo natural, sostible e alineado cos retos ambientais e sociais actuais.  

Contáctanos

Queres levar a cabo un proxecto de paisaxismo para a túa casa ou negocio? Contacte connosco e visitaremolo para facer un orzamento sen compromiso.

Simbiose
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.