Servizos profesionais

Unha combinación de ciencia e arte

Cando plantexamos un proxecto de paisaxismo, xa sexan xardíns ou grandes superficies, temos en conta que terreos temos, como é o clima local, que drenaxe se precisa, que tipo de plantas están adaptadas, os ventos dominantes, o medio que nos rodea, a orientación xeográfica, a existencia ou non de pantallas vexetais, os cambios estacionais, etc. Todos estes factores están estreitamente relacionados entre si.

Deseño e execución de proxectos agrícolas e forestais

Simbiose está formado por un equipo multidisciplinar que analiza cada un dos proxectos pormenorizadamente para ofrecer ó cliente solucións creativas, funcionais e resilientes, adaptadas a cada espacio e idea. 

Creamos espazos diversos, onde a recuperación do entorno natural, a producción de alimentos e o lecer se entrelazan e colaboran.

Educación ambiental

A educación é a arma máis poderosa que podes usar para cambiar o mundo. - Nelson Mandela -

A transmisión do coñecemento a través das xeracións foi a ferramenta máis eficiente para a conservación do medio natural. Dende o noso equipo apostamos pola recuperación desta cadea de transmisión da sabedoría, perdida polo abandono do medio rural e dos seus costumes, o uso de tecnoloxía inadecuada e, en definitiva, a desconexión coa natureza.

Proxectos de paisaxismo, agroforestería,
educación ambiental e permacultura.

Simbiose
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.