Empresa
Un equipo especializado baixo unha filosofía de traballo baseada no respeto da natureza
Entender como funciona á natureza para traballar da súa man
A agricultura, o medio ambiente e o paisaxismo traballan xuntos para obter os mellores resultados
Adaptándose ó entorno e as necesidades únicas de cada deseño
Dende a creación ata o mantementeo
A natureza danos todas as ferramentas, nos adaptámolas o teu proxecto
Alejandra González Fernández.
Enxeñeira técnica agrícola con formación en técnicas de agricultura ecolóxica, microbioloxía, cromatografía de solos, deseño e diagnóstico agroecolóxico e liña clave. A súa experiencia desemboca no deseño de paisaxes que producen vida mentres rexeneran o territorio. A labor técnica compleméntase cunha sólida faceta como docente e organizadora de formacións e educación ambiental, impulsando a transformación cara a un futuro máis resiliente.
Javier Gacías Pedrós
Especialista en Agroecoloxía e Rexeneración de Ecosistemas
Graduado en Ciencias Ambientais con máis de 12 anos de experiencia sobre o terreo, transformando a teoría en sistemas produtivos sostibles. A súa traxectoria céntrase na intersección entre a produtividade agrícola e a conservación da biodiversidade.
Con formación como Mestre Composteiro e Deseño Keyline, aporta unha visión rexenerativa da saúde do solo mediante o uso de microorganismos e unha xestión eficiente da paisaxe. Conta con experiencia en formación, impartindo cursos prácticos que capacitan a novos produtores no camiño cara á soberanía alimentaria e a agroforestaría.
Joseba Uribarri Solán
Enxeñeiro técnico agrícola e Máster en Tecnoloxía Ambiental, especializado en agricultura orgánica e paisaxismo sostible. A súa traxectoria en cooperativas agrícolas e viveiros de planta ornamental permítelle integrar o coñecemento técnico cun enfoque de producción e paisaxismo natural, sostible e alineado cos retos ambientais e sociais actuais.