Restaurante Culler de Pau

Deseño das novas hortas, xardíns e bosque comestible.

O restaurante Culler de Pau de O Grove ampliou no ano 2021 o seu espazo exterior, dándolle protagonismo á producción de froitas e verduras. O obxectivo non era tanto auto abastecerse como poñer en valor as variedades esquecidas, as herbas silvestres e as plantas comestibles, promovendo sempre a biodiversidade e a sostibilidade.
Para logralo deseñamos as novas hortas, xardíns e bosque comestible, sumando máis de 200 variedades de flores, herbas, bulbos, arbustos e froiteiras. Seguimos traballando para ofrecer novos recursos naturais e ampliar diversidade comestible.

Este traballo realizado en colaboración con Prieto Patiño Arquitectos, recibiu o Premio Gran de Area de aportación á arquitectura 2022 e o Premio de Arquitectura e Rehabilitación da Xunta de Galicia 2023 con especial mención a sustentabilidade.

Queres levar a cabo un proxecto de paisaxismo para a túa casa ou negocio?
Contacte connosco e visitaremolo para facer un orzamento sen compromiso.

Simbiose
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.